Primeira festa da pataca

O feirón mensual de Valdoviño que se celebrará o vindeiro sábado día 14 de setembro estará dedicado a Pataca de Valdoviño.

Segundo indican algúns libros de historia e as redes sociais así o confirman, en Valdoviño foi o primeiro lugar de Europa onde se plantaron, ano 1767, as patacas despois de que foran traidas polos barcos dende o novo mundo. Por este motivo, e para poñer en valor a nosa pataca, o Concello de Valdoviño vai dedicar o Feirón Mensual de setembro a Pataca, a Pataca de Valdoviño.

Para iso imos celebrar a 1ª Festa da Pataca o sábado 14 de setembro, coincidindo co Feirón Mensual. Ao longo do día teremos diversos eventos para que a xornada sexa completa e para que os veciños e visitantes poidan gozar dun día agradable na nosa terra.
 
Tanto en horario de mañá como de tarde haberá a disposición do público unha tirolina de máis de 100 metros e hinchables para os máis pequenos.
 
Durante a mañá estará habilitado, como cada segundo sábado de mes, o Feirón mensual no que poderán disfrutar dos máis de cincuenta postos habituais de roupa, comida, bisutería, madeira, etc., etc.
 
Ata as 12:30 horas as persoas interesadas en participar no 1º Concurso de Tortilla de Patacas de Valdoviño poderán presentar as súas tortillas no recinto habilitado no feirón. Ás 14:00 horas o xurado fará público o seu veredicto e coñecerase o nome dos gañadores do concurso de tortillas. Haberá premios ás tortillas máis sabrosas, ás máis grandes e ás mellor
presentadas.

De 11:00 a 14:00 horas teremos un taller infantil de traballo baseado nas patacas e experimentos físico-químicos con patacas.

Ás 14:00 horas a Orquesta París de Oza fará o pase da sesión vermú.
 
De 16:00 a 20:00 horas poderemos disfrutar de xogos tradicionais para nenos e adultos: carreiras de sacos, tiro da corda, o pano, "baile da silla", etc.

A partir das 20:00 horas empezaranse a servir varios platos preparados a base de patacas de Valdoviño, cos que poderán disfrutar os que nos acompañen.
 
Ás 20:30 horas homenaxearemos a deportistas de Valdoviño de alto nivel que levan o nome do concello polo mundo adiante, e a continuación a Orquesta París de Oza porá o
punto final a 1ª Feira da Pataca de Valdoviño cunha verbena.