Recta final do Pantín Classic

O campionato mundial de surf Pantín Classic Galicia Pro chega este fin de semana ao seu momento grande, coa celebración das rondas finais.
 
Aqueles que non podan achegarse á praia de Pantín, poden seguir a proba, que conta con seis estrelas en categoría feminina e tres estrelas en categoría masculina, a través da rede, na web oficial do campionato.