Festiocio Valdoviño

O mes de agosto remata en Valdoviño cunha xornada festiva para todos os públicos. O sábado 31, a partir das 18:00 horas, terá lugar unha multiparty infantil, con atraccións e animacións (tirolina, festa da espuma, visita de Bob Esponja, etc.).
 
Ás 23:00 horas haberá un Festival Caribeño, coa actuación de Eddy McLean e a orquesta Merensalsa.