Ciganí & Compañía nas festas de San Mamede

Este sábado 17 de agosto, celebrando as festas patronais no campo da Festa de San Mamede, representarase ás 14 horas o espectáculo Ciganí & Compañía.
 
Dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Espectáculo cómico-musical cun trío formado por un showman, un trompetista e un instrumentista de tuba. Música en directo e interactuando co público. Música e estética con influencias do polifácetico director de cinema e músico Emir Kusturica.
 
Duración 50 minutos.