Contrato de asesoramento no mercado de electricidade do Concello

O Concello de Valdoviño vén de asinar este 5 de agosto o contrato administrativo de prestación do servicio de asesoría en mercado de electricidade e facturación do Concello de Valdoviño.
 
Por medio desta asesoría o Concello agarda conquerir un aforro anual dun mínimo de 20.000 euros.
 
Os traballos que levará a cabo a empresa contratada serán os seguintes:
 
1- Comprobación e xestión da facturación mensual e detección de erros.
2- Adecuación das potencias contratadas ás consumidas, comprobando os excesos e os defectos actuais.
3- Corrección de enerxías reactivas con criterios de rentabilidade e control da evolución do factor de potencia e cargo por reactiva.
4- Corrección de distribucións de consumo en alumeado público.
5- Paso a mercado dos suministros en tarifa TUR (menos de 10 kW) se fose recomendable.
6- Detección de suministros sen consumo e baixas se procede.
7- Asesoramento na contratación de novos suministros.
8- Intermediación ante as compañías eléctricas en defensa dos intereses do Concello.
9- Asesoramento en tasas locais que deben ser fonte de importantes ingresos.
10- Unificación de cadros eléctricos se fose recomendable.
 
É evidente que a día de hoxe hai marxes de aforro moi importantes nos servicios de enerxía eléctrica que poden axudar en gran medida nos procesos de recortes orzamentarios de gastos correntes que están sufrindo os municipios nos últimos tiempos.
 
A previsión de aforro a alcanzar é 20.000 euros anuais, aínda que a experiencia noutros concellos indica que o aforro final multiplícase de 1,3 a 1,7 do inicialmente previsto. Polas contas feitas, o aforro para o Concello de Valdoviño podería ser polo menos da orde de 300.000 euros na próxima década.
 
O prazo de execución deste contrato será de doce meses naturais e rematará en agosto de 2014.