I Feira de turismo activo e de aventura

O concello de Valdoviño celebrará os vindeiros sábado 24 e domingo 25 de agosto a I Feira de Turismo Activo e de Aventura de Valdoviño, coa intención de dar a coñecer as cualidades e o enorme potencial turístico e de ocio do concello e as zonas limítrofes.
 
O turismo que promociona a Feira vai máis alá do turismo convencional de sol e praia tan tipicamente explotado. A I Feira de Turismo Activo e de Aventura de Valdoviño será un escaparate no que se mostren unha variada gama de actividades das que disfrutar, e que pola sua variedade son aptas para todo tipo de público e realizables durante todo o año.
 
O obxectivo da I Feria de Turismo Activo e de Aventura de Valdoviño é que Valdoviño sexa o punto de encontro perfecto no que se acollan toda unha serie de actividades, moitas delas descoñecidas para o público maioritario e facelas máis cercanas e accesibles.
 
Valdoviño acercaranos a unha serie de actividades como: casa rurais, surf, bodysurf e paddle surf (SUP), vela lixeira, kayak, buceo, bicicleta náutica ou aquaskipp, sendeirismo, karts, rutas en mountain bike, escalada, rutas a cabalo, tiro con arco, equitación, animación teatral, golf, ioga, taichi, pilates, marcha nórdica, escolas para a consecución do título de patrón náutico, e unha escola variada na que practicar tenis, xadrez, fotografía, buceo, taekwondo ou vela lixeira, cos que poderemos desconectar do mundo.