Feirón de agosto: carrilanas e tiro con arco

O feirón correspondente ao mes de agosto estará dedicado ás carrilanas e ao tiro con arco.
 
Ademáis dos cincuenta postos habituais de roupa, comida, bisutería, Madeira, etc., o 10 de agosto o feirón terá a especialidade das carrilanas xa que coincide coa Baixada Internacional de Carrilanas a San Mamede.
 
A Asociación de Baixada de Carrilanas a San Mamede colaborará no feirón facendo unha exhibición de carrilanas infantís das que podrán disfrutar os nenos asistentes, polo que todos os nenos e nenas que o desexen poderán “tirarse” nunha carrilana por unha pista aledaña o feirón. Ademáis no feirón estarán expostas distintas carrilanas que competirán ao día seguinte na Baixada.
 
Xunto coas carrilanas tamén teremos a opción de practicar o tiro con arco, xa que no feirón teremos habilitadas varias dianas para practicar este impresionante deporte. Todas as persoas que desexen facer os seus primeiros tiros con arco poderán facelo no feirón baixo a supervisión e orientación de monitores titulados da Federación Galega de Tiro con Arco. Contamos con ter ao longo da mañá deste sábado 10 de agosto a varias persoas campeonas de Europa e deportistas olímpicos, que darán as súas primeiras clases aos interesados nesta disciplina deportiva.