Explotación da cafetería sita na praia da Frouxeira

Obxecto: 

Adxudicación da explotación da cafetería da praia da Frouxeira. Formarán parte do obxecto do contrato, constituíndo obriga para o contratista adxudicatario, a custodia das chaves, limpeza, mantemento e xestión para o uso público dos servizos hixiénicos existentes no aparcadoiro central (zona rotonda).

Tipo de procedemento:
Tipo de contrato:
Empresas invitadas: 
Antonio Castro Padín, Samuel Salgueiro Graña, Emilio López Porta.
Estado do procedemento:
Orzamento (sen IVE): 
Mínimo 5.000 € anuais.
ID do Procedemento: 
CONT-7/2013
Data de publicación: 
martes, 23 Xullo, 2013
Prazo de execución: 
Dous anos, prorrogable por un máximo de dous anos.
Observacións: 
A adxudicación farase a favor do postor que, á alza, oferte un prezo máis alto, establecéndose como tipo mínimo 5.000 euros anuais, IVE excluído.
Presentación de ofertas: 
Na Secretaría do Concello, no prazo de 8 días naturais a contar dende o seguinte ao da recepción da invitación.
Clasificación do contratista: 
Non se esixe.
Garantía: 
Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE.
Revisión de prezos: 
Non hai.
Taxas do contrato: 
Importe máximo dos gastos de publicidade a costa do contratista: 100 euros.
Acordo de adxudicación: 

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 7 de agosto de 2013 acordou adxudicar o contrato do servizo de cafetería na praia da Frouxeira a Antonio Castro Padín, por importe de 6.050 euros, de acordo co Prego de cláusulas que rexen a contratación, e prazo de execución de dous anos.