Recadación de alimentos solidarios no feirón

O Concello de Valdoviño quere agradecer aos veciños e visitantes a enorme solidariedade mostrada no feirón mensual do pasado 13 de xullo, no que se recadaron alimentos para Cáritas Valdoviño.
 
A recadación total foi de 430,96 euros en metálico e 587 unidades de alimentos non perecedeiros, cun valor de mercado de 775,38 euros, polo que a cantidade total recadada ascendeu a 1.206,34 €.
 
O Concello quere agradecer tamén aos feirantes, ao Club de Vuelo As Gaivotas, á Asociación de Empresarios de Valdoviño e á Asociación Baixada de Carrilanas a San Mamede a colaboración prestada ao longo de todo o día.