Obradoiros de conciliación verán 2013

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios e coa financiación da Deputación da Coruña, da continuidade ao proxecto iniciado en 2012 para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en período vacacional daquelas familias con menores entre 3 e 12 anos.
 
Levaranse a cabo na Casa da Cultura do 1 ao 30 de agosto de 9 a 14 horas.
 
Prazo de inscrición: do 22 ao 26 de xullo no departamento de Servizos Sociais do Concello (planta baixa). Prazas limitadas por orde de inscrición.
 
Máis información: 981487041-ext.5