Curso TAICHI Verán 2013

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, vai levar a cabo entre os meses de xullo e agosto o curso de TAICHI por segundo ano consecutivo.
 
O curso está subvencionado pola Deputación da Coruña dentro do Programa "Envellecemento Cero II" para este ano 2013 e vai dirixido a persoas maiores de 55 anos.
 
Levarase a cabo a partir do día 23 de xullo (durante un mes), os martes e xoves de 10 a 11:30 horas no Ximnasio do CPI ATIOS.
 
Prazo de inscrición: do 15 ao 18 de xullo, no Departamento de Servizos Sociais de 9 a 14:00 horas ou no teléfono 981487041-ext.5
 
Actividade gratuita. Prazas limitadas por orde de inscrición.