Campus Náutico

Data: 
mércores, 26 Xuño, 2013
Obxecto: 

O Concello organiza no encoro das Forcadas o Campus Náutico 2013.

As quendas, cun número máximo de 12 inscritos por quenda, son en horario de 11:00 a 14:00 horas, sen interrupción en festivos:

  • Do 1 ao 12 de xullo,
  • do 15 ao 26 de xullo,
  • do 29 de xullo ao 9 de agosto e
  • do 12 de agosto ao 23 de agosto.

Os interesados en participar, a partir de 9 anos, poden inscribirse ata o 28 de xuño na Casa da Cultura (de 11:00 a 14:00 horas) e dende o 1 de xullo na Oficina de Turismo do Concello (de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas). As inscricións débense formalizar do luns ao xoves da semana anterior ao comezo da quenda correspondente.
 
Débese saber nadar, levar roupa e calzado apropiado e protección solar.
 
Os contidos do campus son:

  • vela lixeira (embarcacións colectivas e algunhas individuais);
  • piragüismo (autovaleirables e embarcacións de fibra kaik e canoa: K1, K2 e C1);
  • cabueiría;
  • contidos transversais de seguridade, construción naval, medio ambiente e actividade física.

Prezos:

  • 147,47 euros por quenda, maiores de idade.
  • 110,60 euros por quenda, menores de idade.
Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 8 de agosto