O Concello busca coa Xunta solucións ó desbordamento da lagoa da Frouxeira

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, reuniuse esta mañá coa directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Ana María Díaz, para buscar unha solución consensuada ós desbordamentos que, ano tras ano, sufre a lagoa da Frouxeira. A xuntanza, na que tamén tomaron parte o concelleiro Sergio Saavedra, e o xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Rafael Eimil, celebrouse a instancias do Concello, quen solicitara a citada entrevista en reiteradas ocasións nos últimos meses.
 

Valdoviño promociona en Fitur o primeiro museo do surf de España

Intervención do alcalde en Fitur
O alcalde, xunto á concelleira de Turismo, en Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, acompañado da concelleira de Turismo, Rosana García, desprazábanse onte a Madrid para tomar parte na presentación da XXXI edición do Pantín Classic na Feira Internacional de Turismo Fitur, un dos principais escaparates para a promoción de destinos turísticos de todo o mundo. Alí, o rexidor aproveitaba a súa participación no acto para dar a coñecer o Océano Surf Museo, o primeiro destas características en España.

Aviso da Oficina Municipal de Urbanismo

O Concello de Valdoviño informa á veciñanza de que, por motivos de enfermidade do persoal, a Oficina Municipal de Urbanismo vese obrigada a cancelar o horario de atención ó público este venres. O Concello pide desculpas de antemán a veciños e veciñas e sinala que en canto se recupere a normalidade avisará convenientemente da restauración das horas de atención.

O alcalde viaxa a Madrid para participar en Fitur na presentación da XXXI edición do Pantín Classic

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, viaxará mañá a Madrid para tomar parte na presentación da XXXI edición do Pantín Classic na Feira Internacional de Turismo Fitur. O acto, que se desenvolverá no pavillón de Galicia, dará comezo ás 18,30 horas.
 

O Concello fai un chamamento á veciñanza para evitar achegarse á costa ante a alerta por temporal

Ante a alerta laranxa na costa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, o alcalde de Valdoviño, Alberto González, fixo esta mañá un chamamento a extremar as precaucións e evitar achegarse á costa hoxe e mañá.
 
O Concello apunta que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de informar dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do noroeste de 6 a 7 metros que afectará a todo o litoral galego e que se iniciará hoxe e continuará mañá.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS