Novo Servizo de Orientación Laboral no Concello de Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da posta en marcha do Servizo de Orientación Laboral no municipio grazas a un programa da Mancomunidade cofinanciado polo Ministerio de Traballo e a Consellería de Emprego, xunto aos concellos de Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño. Así, unha orientadora laboral ofrece asesoramento os xoves ás persoas demandantes de emprego. Ten a súa oficina no segundo andar da casa consistorial e as persoas interesadas teñen á súa disposición o teléfono de información e cita previa 627 586 101.
 

Simulacro de incendio na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia

Foto de familia tras o simulacro

Pequerrech@s e mestras da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia tomaron parte o pasado venres nun simulacro de incendio nas instalacións. Unha iniciativa que completaba a formación recibida polas profesionais hai unhas semanas no marco do plan de autoprotección do centro. Segundo Previnem, a empresa encargada de guiar a actividade, nenas/os e docentes pasaron con nota a proba. Unha acción que seguía de preto o alcalde, Alberto González, e a educadora familiar, Iria Rodríguez.
 

@s estudantes do CPI Atios, gardiáns da píllara

"Foto de familia" dos gardiáns

Concienciar sobre a necesidade de compatibilizar a protección da píllara e outras aves coa tenencia e disfrute das mascotas na contorna do areal e lagoa da Frouxeira guiou o proxecto educativo impulsado hai tres anos nas aulas de Educación Primaria do CPI Atios. Capitaneado pola profesora María Ruán, nenas e nenos centráronse durante o primeiro ano en coñecer o valor da preservación destas especies e, ao seguinte, convertíronse en ilustradores para deseñar debuxos que invitan a sumarse a esa protección.

O Concello instala novos continentes de protección para as táboas a exposición no Océano Surf Museo

Os novos elementos

O Océano Surf Museo vén de dar un paso adiante na xestión da conservación preventiva coa instalación de novos continentes para albergar as táboas que se exhiben na exposición permanente. Nesta liña, cabe lembrar que o Museo expón pezas únicas da historia do surf e, con esta acción, quérese evitar o deterioro que puidesen sufrir polo efecto de golpes e manipulacións inadecuadas.
 
Ademais, os novos continentes das pezas fan do espazo un lugar visualmente máis atractivo despois de que se eliminasen os anteriores soportes que impedían a visión completa das táboas.
 

Valdoviño celebra este sábado o seu XX Festival de Comparsas de Entroido

Cartaz Entroido

Valdoviño despedirá este sábado o Entroido co seu tradicional Festival de Comparsas. Un certame que este ano acada as 20 edicións. No mesmo, confirmaron a súa asistencia nove comparsas de diferentes localidades da comarca e, en suma, tomarán parte nesta categoría e máis na de outros, preto de 340 persoas. A cita dará comezo ás 17,30 horas nas inmediacións da Casa do Concello. Dende este punto partirá o pasarrúas con destino ata a Casa da Cultura, onde se desenvolverá o festival a partir das 18 horas, conducido polo cómico galego Pedro Brandariz.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS