Talleres Trigo proclámase campión do Torneo de Fútbol Sala OcioSol

O Concello quixo agradecer a participación feminina na competición coa entrega de trofeos ás deportistas María Vieira, Lidia Mesías e Laura Veiga, das que destacou a súa contribución a fomentar a igualdade no deporte
 
O Concello outorgou este ano unha mención especial á deportividade, que recaeu tamén en Talleres Trigo
 

Os veciños de Pantín ceden máis de 110.000 m2 de terreos particulares para facer posible a celebración do campionato de surf

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, animou esta mañá á cidadanía a achegarse estes días ó municipio para disfrutar do Pantín Classic Galicia Pro, declarado hai dous anos Festa de Interese Turístico de Galicia. Nesta liña, o rexidor quixo agradecer e pór en valor o traballo da organización e, especialmente, da veciñanza de Pantín, xa que sen a súa axuda e implicación un evento deportivo destas características non sería posible.

Arranca o Pantín Classic en Valdoviño

Presentación Pantín Classic Galicia Pro 2018

O Pull&Bear  Pantín Classic Galicia Pro presentábase onte pola mañá a pé de praia para ofrecer todos os detalles das dúas competicións que se inclúen dentro do calendario desta cita englobada no circuíto mundial da  World Surf  League.

Espectáculo de novo circo este domingo no parque infantil de Marnela, en Pantín

Momento do espectáculo

A contorna do parque infantil de Marnela, en Pantín, será escenario este domingo, 26 de agosto, do espectáculo de novo circo « A vida tola de Pajarito ». Unha proposta cultural dirixida especialmente ó público familiar que dará comezo ás 19,30 horas. Inclúese no programa municipal « Escenarios Paralelos » e conta coa colaboración da Deputación provincial da Coruña a través da Rede Cultural.
 

Preto de medio centenar de persoas tomarán parte este domingo na II Andada Surfeira

Preto de medio centenar de persoas tomarán parte este domingo, 26 de agosto, na segunda edición da II Andada Surfeira. Unha iniciativa con participación gratuíta, aínda que con necesaria inscrición previa (o prazo conclúe hoxe ás 14 h no correo electrónico cultura@concellodevaldovino.com) que se inclúe no marco da declaración do Pantín Classic Galicia Pro como Festa de Interese Turístico de Galicia.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS