Valdoviño abre as portas da súa Oficina Municipal de Turismo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abriu as súas portas. Estará operativa de martes a domingo grazas á incorporación de dous técnicos de turismo, contratados ao abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña.
 

Xuntanza con AFAL

Valdoviño, solidario co Alzheimer

O alcalde, Alberto González, xunto á concelleira de Servizos Sociais, Ana Pérez, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo co presidente de AFAL, Francisco Pantín, e a directora dos centros de día da asociación, Noelia Ríos, para avanzar en futuros programas de atención ás persoas afectadas de alzheimer e ás súas familias. Uns programas que se avanzarán nas próximas semanas e nos que están a traballar na actualidade o Concello de Valdoviño, declarado municipio solidario co alzheimer, e máis a entidade.

As entradas para o espectáculo que ofrecerá o mago Antón na Frouxeira, a disposición da veciñanza na Casa da Cultura

O mago Antón fará unha parada en Valdoviño o vindeiro 21 de xullo no marco da súa xira «A volta a Galicia en 313 concellos». No parque da Frouxeira ofrecerá ata seis funcións en horario de mañá -12 e 13 horas- e de tarde -18, 19, 20 e 21 horas-. Todas elas gratuítas, pero con preferencia para aqueles que retiren a súa entrada previamente, xa que as prazas por sesión son limitadas.

O Concello amplía as prazas para dar servizo á demanda de Concilia Tempos

Concilia Tempos, todo un éxito

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá que o Concello decidiu ampliar este ano o número de prazas do programa municipal Concilia Tempos, garantindo que todos os nenos e nenas do Concello con necesidade de conciliación fosen atendidos/as. Así, aínda que inicialmente se ofertaban 20 prazas, a excelente resposta das familias derivou en 31 solicitudes, e a Administración local respondeu positivamente a todas elas.

O Concello incorpora dous auxiliares de Policía para reforzar o servizo no verán

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da incorporación á plantilla municipal de dous auxiliares de Policía Local. A contratación sufrágase con cargo a fondos municipais e terá carácter temporal, por espazo de tres meses. Permitirá ao Concello reforzar o servizo, nuns meses onde o municipio recibe un signiticativo número de visitantes e turistas.

 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS