O Concello organiza este domingo a III Carreira na Area na praia da Frouxeira

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, organizará por terceiro ano consecutivo a Carreira Popular na Praia da Frouxeira. Terá lugar este domingo 27 de agosto, a partir das 12 horas, e a participación é completamente gratuíta. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, sinala que o obxectivo é fomentar o deporte en familia, polo que o percorrido é de baixa dificultade, pensado para todas as idades. Iso si, sobre area. Arrancará da caseta de socorrismo ubicada no areal e alcanzará a zona de Outeiro, para regresar de novo ás instalacións municipais.
 

Versións de Aretha Franklin ou Steve Wonder da man da banda de soul Black este venres no entorno da Frouxeira

Actuación da banda Black

A prestixiosa banda de soul Black ofrecerá este venres, 25 de agosto, un concerto no entorno da praia da Frouxeira. A súa actuación virá precedida da do grupo local Rock Atios, que se subirá ó escenario ás 22 horas para actuar como teloneiros. A entrada ó espectáculo é de balde e, posible, grazas á colaboración económica de Abanca e a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia.
 

O festival de cine de surf máis importante do mundo chega este sábado a Valdoviño

Cartel festival cine Valdoviño

O festival de cine de surf máis importante e recoñecido do mundo, o Save the Waves Film Festival, chegará este sábado, 26 de agosto, a Valdoviño e as entradas xa están a disposición do público no enlace https://www.eventbrite.com/e/save-the-waves-film-festival-valdovino-tickets-37138856319. Dará comezo ás 17 horas na Casa da Cultura, futura sede do Océano Surf Museo, o primeiro adicado ó surf en España e que abrirá ás súas portas no último trimestre de ano.

Xornada de iniciación ó tiro con arco para os nenos e nenas do proxecto Grow Up With Us

Iniciación Tiro con Arco Valdoviño

O campo de fútbol de Mourente, en Valdoviño, acolleu onte unha xornada de iniciación ó tiro con arco moi especial, xa que nela tomaron parte oito nenos e nenas do proxecto Grow Up With Us.
 

“Somos Gente Honrada”, este luns no ciclo de cine nocturno ó aire libre

Filme "Somos Gente Honrada"

Nova cita este luns, 21 de agosto, co mellor cine no ciclo municipal estival organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura. Nesta ocasión, proxectarase o filme “Somos Gente Honrada”, unha comedia dramática dirixida por Alejando Marzoa que conta, entre os seus protagonistas, co actor galego Miguel de Lira. Con entrada de balde, o pase terá lugar ás 22 horas na praza da Casa da Cultura. En caso de choiva, trasladaríase ó interior das instalacións municipais.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS