Enviado por Comunicación a Ven, 28/12/2018 - 12:56
O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí 2019 que promove a Deputación provincial da Coruña. A través da mesma, rapaces e rapazas –de entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2019- poderán gozar de estancias na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, en Ourense.
Enviado por Comunicación a Mér, 26/12/2018 - 11:03
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de recibir a autorización por parte da Consellería da Presidencia para a ampliación dos horarios de peche dos establecementos de hostalería do municipio na noite de Fin de Ano. Unha ampliación de horarios solicitada polo Concello e aprobada pola Xunta.
Enviado por Comunicación a Mér, 26/12/2018 - 10:07
O Concello de Valdoviño pechará este domingo, 30 de decembro, a súa programación cultural do ano cunha proposta centrada nos máis pequenos da casa. A eles e ás súas familias vai dirixido o concerto estelar de Mamá Cabra. Terá lugar no auditorio municipal da Casa da Cultura, a partir das 18 horas, con entrada libre e de balde. Unha actividade que conta coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.
Enviado por Comunicación a Ven, 21/12/2018 - 10:20
A ilustradora, educadora artística e artista mural NANA impartirá en Valdoviño un obradoiro de graffiti para rapaces e rapazas a partir de 12 anos. Será os días 3 e 4 de xaneiro e a actividade inclúese nos actos do aniversario do Océano Surf Museo, polo que a temática da obra colectiva que se pretende crear ó abeiro da iniciativa estará vinculada ó surf. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Rosana García, o escenario elixido polo Concello para elaborar ese mural urbano será o inmoble que alberga os aseos do paseo da Frouxeira.
Enviado por Comunicación a Ven, 21/12/2018 - 08:06
Elaborado coas imaxes que achegou a veciñanza, o acto dará comezo ás 19 h na Casa da Cultura e, unha hora máis tarde, Elefante Elegante representará o seu espectáculo “O Rueiro das Liortas”