A circulación polo camiño de acceso ó local veciñal de Aviño quedará temporalmente limitada a turismos

Entre o martes 16 e o venres 19 de outubro, tan só os turismos poderán circular polo camiño de acceso ó local veciñal de Aviño dende a estrada CP5404. Por tanto, queda restrinxido o paso de vehículos de maior tonelaxe durante ese periodo. Así o avanzou esta mañá o Concello de Valdoviño, que se ve obrigado a adoptar esta medida por mor das obras de reforma integral do inmoble, iniciadas a semana pasada.
 

Valdoviño acollerá un obradoiro de cociñado de peixes e mariscos da Mariña-Ortegal

A cociña do CPI Atios de Valdoviño será escenario dun obradoiro de formación en cociñado de peixes e mariscos da Mariña-Ortegal. Organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal (GALP A Mariña-Ortegal), terá lugar o sábado 20 de outubro, entre as 10 e as 14,30 horas. A acción, de carácter gratuíto, precisa de inscrición previa, xa que as prazas están limitadas a 20, e pode formalizarse dende xa na casa consistorial de Valdoviño.
 

O Concello inicia as obras de reforma integral do local veciñal de Aviño

Local veciñal de Aviño en obras

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá do inicio dos traballos de reforma do local da asociación de veciños de Aviño. Xunto ós concelleiros de Obras, Benito Vega, e Urbanismo, Alejandro García, realizaba unha visita de supervisión ás obras, que arrancaban a semana pasada no inmoble. Un edificio cunha superficie útil de 135 m2, antiga escola unitaria erguida en 1930. Aínda que foi susceptible dunha reforma nos anos 80, trinta anos despois o deterioro sufrido polo paso do tempo facía necesaria a intervención hoxe en marcha.

Uns 90 veciños participaron na Andaina cultural a San Andrés organizada polo Concello de Valdoviño

Foto de familia

Pese á choiva, uns 90 veciños e veciñas tomaron parte onte pola mañá na XIX Andada a San Andrés de Teixido organizada polo Concello.
 

A Deputación comezará este mes as obras de construción dunha rotonda e un novo carril de acceso ó aparcamento do CPI Atios

Recreación da intervención
Situación actual

A Deputación da Coruña e a empresa Construcións Leonardo Miguélez veñen de asinar, na sede da institución provincial, o contrato para financiar as obras de mellora da seguridade vial da intersección existente no punto quilométrico 0+675 da estrada provincial DP 2502, no termo municipal de Valdoviño.
 
Os traballos, suporán un investimento de máis de 132.000 euros, dos que 121.340 se destinan á execución da obra e 11.077 € xa foron investidos na expropiación dos 2.795 metros cadrados dos terreos colindantes necesarios para acometer este proxecto.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS