A exposición do X Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación “Jesús Núñez” chega á Casa da Cultura de Valdoviño

A Casa da Cultura estrea exposición este mércores, 20 de setembro. A mostra itinerante do X Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación da Coruña “Jesús Núñez” chega a Valdoviño. O público poderá visitala ata o 4 de outubro no horario de atención das instalacións culturais.
 
Poderán ver os traballos realizados polos artistas participantes no certame correspondente ó 2015, con técnicas gráficas, gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.

O alcalde valora que a Xunta accedese á demanda do Concello aprobando un novo servizo de autocar dende Ferrol ó mediodía

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, valorou moi positivamente que a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas, accedese á demanda do Concello e aprobase a posta en marcha dun novo servizo de autocar que permitirá aos estudantes do municipio que cursan estudos de Secundaria, Bachillerato e FP en Ferrol regresar ós seus municipios ó mediodía, tras rematar as clases.
 

O Concello acondiciona o Camiño do Carballal para convertilo nunha vía de acceso alternativo ó areal da Frouxeira

Inicio obras Camiño Carballal

Os concelleiros de Obras e Servizos, Alejandro García e Benito Vega, supervisaban esta mañá o inicio dos traballos que permitirán converter o Camiño do Carballal nunha vía de acceso alternativo ó areal e lagoa da Frouxeira. Unha intervención que o Concello financia con cargo a un convenio de colaboración suscrito polo alcalde, Alberto González, e o presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, e que inclúe un paquete máis amplo de actuacións nas diferentes parroquias cun orzamento superior ós 100.000 euros.
 

Charla sobre alzheimer no local da asociación de veciños de Meirás

Xornada Alzheimer Meirás

Coa colaboración do Concello e da AVV de Meirás, AFAL Ferrolterra -Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias- celebrou onte á tarde unha das charlas sobre alzheimer que está a levar a cabo ó longo do mes de setembro con motivo do Día Mundial da enfermidade. Unhas 20 persoas secundaron a convocatoria, que se desenvolveu no local veciñal. Presentada pola concelleira de Servizos Sociais, Jessica Sabín, estivo impartida polas técnicas da asociación, Noelia Ríos e Rebeca Freire.

O Concello abre o prazo de preinscrición na programación municipal de actividades deportivas para o curso 2017/2018

Actividades deportivas 2017/18
Ximnasia nas parroquias

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, abrirá mañá xoves, 14 de setembro, o prazo de preinscrición na programación municipal de actividades deportivas para o curso 2017-2018. Unha completa oferta para todas as idades que, segundo indica o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, continúa profundizando na liña de descentralización cara as parroquias. Ximnasia, bádminton, tenis, tiro con arco, ioga e multideporte integran a programación, que se desenvolverá en diferentes escenarios a partir do mes de outubro, de cubrir un mínimo por actividade.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS