Éxito de convocatoria da Mostra das Asociacións de Valdoviño

A XVII edición da Mostra das Asociacións de Valdoviño non defraudou e, un ano máis, volveu a congregar hoxe a centenares de veciños e veciñas. Neste caso, no campo da festa da parroquia de Loira. Organizada polas asociacións culturais, veciñais e deportivas, a asociación de amas de casa, a ANPA e o Concello de Valdoviño, a mostra contou coa colaboración das cooperativas do municipio –Lago, Meirás e Vilaboa-.
 

O Concello ofrece ás persoas maiores “+Vida” no local social de Pantín

+Vida en Pantín

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, inaugurou onte un novo programa dirixido ás persoas maiores do municipio: “+Vida”.
 

Mostra das Asociacións de Valdoviño este sábado na parroquia de Loira

A parroquia de Loira convertirase este ano na sede da Mostra das Asociacións de Valdoviño, unha cita multitudinaria que alcanza a súa XVII edición. O campo da festa albergará este sábado o encontro, que dará comezo ás 13 horas e se prolongará ata ben entrada a noite. Organizada polas asociacións culturais, veciñais e deportivas, a asociación de amas de casa, a ANPA e o Concello de Valdoviño, a mostra conta coa colaboración das cooperativas do municipio –Lago, Meirás e Vilaboa-.
 

Aberto o prazo de presentación de traballos ó II Concurso de Relato Curto e Debuxo Letras Galegas 2017

O prazo de presentación de traballos á segunda edición do Concurso de Relato Curto e Debuxo Concello de Valdoviño-Letras Galegas 2017 está aberto. O certame, convocado pola Concellería de Cultura, está dirixido ós rapaces e rapazas empadroados no Concello de Valdoviño e tamén ás alumnas e alumnos dos centros educativos do municipio –CPI Atios e CRA “O Esquío”-. As súas creacións deben centrarse en diferentes obras de Carlos Casares, autor ao que se lle adican este ano as Letras Galegas.

Valdoviño levará a cabo a presentación nacional do Océano Surf Museo na feira ExpoSurf de Avilés

O Concello de Valdoviño levará a cabo a presentación nacional do Océano Surf Museo na feira ExpoSurf, que se celebrará esta fin de semana en Avilés. Ata alí se desprazarán o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a concelleira de Turismo, Rosana García; Vicente Irisarri, en representación do Océano Surf Club, e representantes das escolas de surf do Concello –Iván Manso (Valdo Surf School); Samuel Pantín e Marcos Pita (Pantín Surf Camp) e Estitxu Extremo e David Pardo (Alawa Surf Camp)-.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS