O Concello de Valdoviño incorporará á plantilla municipal dous policías locais este ano, ampliando de tres a cinco o número de axentes municipais. O alcalde, Alberto González, explicaba que o Concello vén de dar o primeiro paso para facer efectiva a medida coa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da aprobación da Oferta Pública de Emprego (OPE). Lembra que a Administración local asinou un convenio coa Xunta de Galicia polo que delega a selección de persoal na Administración autonómica co ánimo de acelerar os trámites.
Enviado por Comunicación a Lun, 28/01/2019 - 10:06
O auditorio da Casa da Cultura acollerá este xoves 31 de xaneiro, a partir das 19,30 horas, unha charla informativa para dar a coñecer as liñas de axudas públicas convocadas na actualidade para favorecer a posta en marcha de novos proxectos empresariais. Está organizada polo Concello de Valdoviño e o alcalde, Alberto González, explica que con ela se quere favorecer e fomentar o emprego no municipio, como lugar para o asentamento de novas empresas e negocios que permitan xerar emprego.
Aínda que a asociación sen ánimo de lucro Ledicia Cativa leva máis de dúas décadas promovendo a acollida de nenos e nenas da rexión rusa de Briansk, a máis afectada pola radiación de Chernobyl, o certo é que durante o pasado verán tan só catro familias da comarca de Ferrol tomaron parte na iniciativa –catro en Narón e unha en Valdoviño-. Por isto, a entidade quere impulsar unha campaña informativa para dar a coñecer a súa actividade e o proxecto que desenvolve e, neste camiño, atopou no Concello de Valdoviño o seu primeiro aliado.
Enviado por Comunicación a Xov, 24/01/2019 - 15:06
Valdoviño estivo un ano máis en FITUR representado polo seu alcalde, Alberto González, e a concelleira de Turismo, Rosana García. Aproveitaron a feira do turismo para promocionar o municipio como destino preferente para a práctica de deportes náuticos e, especialmente, do surf. Así mesmo, mantiveron diferentes encontros e reunións con operadores nacionais e representantes doutras administracións como Deputación e Xunta, coas que poñer en marcha e participar de proxectos conxuntos que melloren o posicionamento de Valdoviño no ámbito turístico.
Enviado por Comunicación a Lun, 21/01/2019 - 16:45
Os voluntarios da Agrupación Local de Protección Civil de Valdoviño retiraron ao longo do pasado ano un total de 321 niños de vespa velutina en todo o termo municipal. Dos datos deu conta o alcalde, Alberto González, para destacar e pór en valor o extraordinario traballo que levaron a cabo nesta materia. Unha loita contra a velutina na que colaboran estreitamente Protección Civil e o Concello, especialmente en materia de prevención, coa impartición de charlas e obradoiros de elaboración de trampas, pero tamén na fase executiva.