Últimos días para apuntarse á xornada entre empresas e autónomos locais organizada polo Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño pechará o vindeiro venres, 14 de febreiro, o prazo de inscrición na xornada entre empresas e persoas autónomas con sede no municipio que organizará este mes como punto de encontro para dar a coñecer os seus servizos e establecer redes de colaboración. Celebrarase o xoves 20 de febreiro ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura e está aberta a todos os sectores económicos.

Valdoviño aproba o convenio con Narón para facilitar o servizo de saneamento ás vivendas situadas nos seus límites territoriais

Facilitar o servizo de saneamento ás vivendas emprazadas nos límites entre Narón e Valdoviño é o obxectivo do convenio que asinarán nos próximos días ambos concellos. Seguindo os pasos dados por Narón, o pleno do Concello de Valdoviño aprobaba o pasado xoves, coa unanimidade de todos os grupos, un acordo de colaboración polo que a compañía mixta de augas naronesa –Cosma- asumirá a prestación do servizo de depuración das augas fecais dos inmobles situados en Valdoviño máis próximos a Narón.

O Concello dota de asentos as gradas do pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás

O alcalde e o concelleiro de Deportes no pavillón

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de instalar asentos sobre as gradas de formigón do pavillón municipal de O Longoiro, na parroquia de Meirás. Uns traballos que supoñen unha mellora para estas instalacións municipais e, especialmente, para o público que acoda a ver algún encontro ou actividade. A actuación requeriu dun investimento de 5.000 euros e vense a sumar ás obras de mellora realizadas nos últimos anos como a dotación dun sistema de drenaxe para evitar as filtracións ao interior ou a renovación dos portalóns e o pintado da cancha.
 

A medallista olímpica Begoña Fernández Molinos, nas Olimpiadas do CPI Atios

Imaxe da visita

Foi a capitana da selección española de balonmán. O equipo que logrou o bronce nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, convertíndose na primeira galega en traer para Galicia unha medalla. Un ano antes, colgábase tamén a medalla de bronce no Campionato do Mundo disputado en Brasil. Un currículum deportivo, o da viguesa Begoña Fernández Molinos, de cun laudem. Sen embargo, nin un só dos seus méritos citou na charla que esta mañá ofrecía no CPI Atios de Valdoviño.

O Concello saca a contratación a renovación do alumeado con tecnoloxía LED do campo de fútbol municipal

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación os traballos de mellora da eficiencia enerxética no campo municipal de fútbol de Mourente por un importe de 47.701,59 euros. E, nesta liña, as empresas poderán presentar a súa oferta ao procedemento ata o 23 de febreiro. O anuncio de licitación e pliegos están publicados para a súa consulta na plataforma de contratación do sector público.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS