Aviso visitas cemiterios

O Obispado de Mondoñedo Ferrol vén de comunicar ao Concello de Valdoviño o peche provisional dos cemiterios do municipio ás visitas. A medida manterase vixente ata novo aviso
 

Servizos municipais de Valdoviño ante a situación de alerta

Servizos Municipais

Ante as restriccións á atención presencial, o Concello de Valdoviño lembra á veciñanza que pode realizar os seus trámites coa Administración local de forma telemática (sede.concellodevaldovino.com) e telefónica no 981 48 70 41. Así mesmo, o rexistro xeral abre de 9 a 14 horas (só para tramitacións estrictamente necesarias), lembrando que os prazos dos procedementos administrativos en curso están a día de hoxe suspendidos.
 

O pago do rodaxe queda aprazado ata novo aviso

En aplicación do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma, a Deputación Provincial da Coruña informa da suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación de todos os procedementos tributarios que xestiona a Deputación da Coruña.
 
En consecuencia, os prazos vixentes de pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan en suspenso e van ser ampliados, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria da Deputación.
 

O Concello suma á súa plantilla dous auxiliares de policía, xa en activo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da incorporación á plantilla municipal de dous auxiliares de Policía Local, ampliando de tres a cinco o número de axentes municipais. A actual situación de alerta motivou a súa incorporación inmediata ao servizo e, unha vez se dé por superada, os auxiliares completarán a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública, tal e como marca a normativa.
 

O Concello habilita 2 liñas telefónicas de axuda

Liñas telefónicas

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de habilitar os números de teléfono 695 096 198 e 628 711 080 para atender as consultas e necesidades das veciñas e veciños maiores, daqueles persoas que viven soas e daquelas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.
 
Así, a través destas liñas telefónicas, o Concello tentará solventar as dúbidas que a veciñanza teña en relación ás medidas e restriccións aprobadas para previr a expansión do COVID-19 (coronavirus).
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS