Proxección este xoves do filme “Peter Rabbit”

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a inaugurar o mes de agosto cunha nova sesión de cine nocturno ao aire libre. Neste caso, co filme infantil «Peter Rabbit». O pase terá lugar este xoves 1 de agosto, a partir das 22 horas, na praza da Casa da Cultura. A iniciativa conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.

Terceiro roubo de cable en Meirás en 2 anos

O Concello de Valdoviño denunciou esta mañá un novo ataque vandálico sobre o patrimonio municipal. Máis concretamente, a sustracción de 190 metros de cable de cobre e outros 60 metros de cable de aluminio no lugar de Fornos, na parroquia de Meirás. O concelleiro de Servizos, Benito Vega, explicou que se trata do terceiro roubo nos últimos dous anos.
 
Nesta liña, sinalou que a esta última sustracción obrigará ao Concello de Valdoviño a repoñer o cable cun custe de 1.115,43 euros.
 

As adversas prediccións marítimas obrigan á Asociación de Percebeiros a suspender a festa gastronómica prevista para esta fin de semana

As adversas prediccións marítimas para esta semana, obrigaron á Asociación de Percebeiros de Meirás a anunciar que a Festa do Percebe, prevista inicialmente para esta fin de semana, queda aprazada. A decisión adoptouse en base á imposibilidade de realizar a extracción do percebe para garantizar unhas cantidades acordes coa demanda que se rexistra edición tras edición. A asociación prima en todo caso un percebe de primeira, recén extraído que, nesta ocasión, non ten garantía de poder asegurar.
 
 

Presentación da obra “Morriña da Frouxeira”

A praia da Frouxeira, os sentimentos que esperta nos veciños e veciñas, pero tamén en quen dela se alonxa, protagonizan o libro «Morriña da Frouxeira». Unha publicación que se presentará oficialmente este sábado, 3 de agosto, no Café Bar A Morriña de Valdoviño, nun acto con entrada libre e aberta que dará comezo ás cinco e media da tarde.
 

A Xunta concede unha achega ao Concello para a promoción do Pantín Classic como Festa de Interese Turístico de Galicia

Unha imaxe do espectáculo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da concesión dunha achega por valor de 6.000 euros por parte da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ao abeiro da declaración do Pantín Classic Galicia Pro como Festa de Interese Turístico de Galicia. Unha subvención solicitada polo Concello de Valdoviño que recibía o visto bo da Administración autonómica. Concorría en concreto a dúas liñas de axuda. A primeira, destinada a apoiar, promocionar e difundir as festas declaradas de interese turístico de Galicia.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS