A consulta médica no Centro de Saúde de Valdoviño trasládase este sábado ó Centro de Narón polas obras na cuberta

O alcalde, Alberto González, informou hoxe de que a consulta médica do sábado pola mañá que atende un facultativo e unha enfermeira no Centro de Saúde de Valdoviño trasladarase esta semana ó Centro de Saúde de Narón, onde os veciños e veciñas que precisen atención médica serán atendidos e atendidas. Explicou que Sergas e Concello vense na obriga de adoptar esta decisión polas obras de renovación da cuberta que están a impulsar Xunta e Concello, así como que o luns o centro recuperará a normalidade.
 

Últimos días para apuntarse como paxes ou figurantes na Cabalgata de Reis

O Concello de Valdoviño convida a todos os veciños e veciñas a participar na Cabalgata de Reis como paxes ou figurantes. Para iso, nenos e maiores interesados deben anotarse na Casa da Cultura. O Concello lembra que o prazo conclúe o vindeiro mércores, 26 de decembro, así como que ó día seguinte, xoves 27, celebrarase unha xuntanza ás 20,30 horas na Casa da Cultura para concretar os detalles da participación.

O auditorio municipal acollerá este venres o pase do filme galego Sicixia

Sicixia

A Concellería de Cultura de Valdoviño convida a veciñas e veciñas a asistir á proxección do filme galego Sicixia, do director Ignacio Vilar. Será este venres, 21 de decembro, a partir das 20,30 horas no auditorio municipal, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. O pase, incluído na Rede Cultural da Deputación, está recomendado para persoas maiores de 12 anos.
 

O Concello destinará 468.295,68 euros a obras en locais veciñais e instalacións deportivas e infraestruturas de saneamento

Local social de Loira, ó fondo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de aprobar un importante paquete de intervencións por un importe superior ós 468.000 euros con cargo ós diferentes plans e axudas provinciais. O pleno daba luz verde ós investimentos no día de onte, cos votos a favor de PSOE, BNG e Centristas e a abstención do PP. Así, no marco do plan complementario, o rexidor avanzou que se destinarán 100.372,51 euros á reforma dos locais sociais de Loira e Vilaboa.

O pavillón do Longoiro acollerá este mércores a primeira edición do AllStar Game de básket a favor da ONGd “¿Por Qué no?”

O pavillón municipal do Longoiro albergará este mércores, de 20 a 23 horas, o primeiro “ALLSTAR GAME” de baloncesto a favor da ONGd “¿Por Qué No?”. Organizado pola entidade a partir dunha proposta de Nicolás Sánchez Núñez, veciño do municipio e moi implicado en causas sociais, conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Valdoviño.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS