Lecer en maio

Un ano máis chega a Mostra de Asociacións do Concello de Valdoviño, que o sábado 9 celebra a súa edición número 15 en Sequeiro.
 
A Volta Ciclista á provincia da Coruña terá unha etapa con saída e chegada en Valdoviño, o vindeiro domingo 17. Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea a Filgueira Valverde. Valdoviño faino o sábado 30 con maxia e música.
 
Como sempre a programación ofrece teatro, andadas e unha exposición, neste caso "+Art", con fotografías de Esperanza Vázquez Dopico.
 

Apertura Programa Turismo IMSERSO

Se inicia el 4 de Mayo la presentación de solicitudes de participación en el Programa de Turismo del Imserso para la temporada 2015-2016, extendiéndose hasta el día 5 de junio de 2015.

Campamentos deportivos 2015

Campamentos 2015

Para rapaces nados nos anos 2005, 2004, 2003, 2002, 2001 (grupo A) e 2000, 1999, 1998 (grupo B) residentes en calquera municipio da provincia.
 
Centro Calvo Sotelo, do 28 de xuño ao 25 de xullo. Prazo límite de inscrición: 29 de maio.
 
Para se preinscribiren, precisan pasar pola Casa da Cultura. Máis información no 981 487 666.

Cheque infantil

Normativa:
Orde do 20 de abril de 2015 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil e se procede á súa convocatoria (DOG nº 78 do 27/04/2015). Corrección de erros (DOG nº 80 do 29/04/2015)

Benestar en Balnearios 2015

Orde do 21 de abril de 2015 pola que se regula a oferta de prazas para estadías e tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2015, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 77 do 24/4/2015)

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS