O Coro da Rá en concerto

Ás oito do serán deste domingo Valdoviño acolle "No nos importa a fama", un concerto do Coro da Rá. Para aqueles que aínda non coñezan esta proposta tan recomendable, o propio grupo preséntase neste vídeo.
 
A actuación, programada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, celebrarase no paseo da praia da Frouxeira (ou no auditorio da Casa da Cultura se as condicións meteorolóxicas son adversas).

Valdoviño en Ruta

Co obxectivo de incentivar o coñecemento da riqueza de espazos naturais e co propósito de permitir aos veciños disfrutar do contacto coa natureza e fomentar a práctica do sendeirismo, o Concello de Valdoviño pon en marcha o programa "Coñece Valdoviño: en ruta", que comeza co percorrido de tres itinerarios o último domingo dos meses de xullo, agosto e setembro.
 

Convocatoria extraordinaria do "Programa de Benestar en Balnearios"

A Consellería de Traballo e Benestar abre un prazo extraordinario para solicitar estadías en balnearios. O prazo é do 23 ao 27 de xullo incluídos.
Máis información e solicitudes no departamento de Servizos Sociais municipais ou no teléfono 981487041 ext. 5

Bando de prevención e defensa contra os incendios forestais

O alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo Lago, lembra nun bando publicado este martes "as obrigas dos propietarios das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos que deberán cumprir coas obrigas da xestión do combustible vexetal (tala e roza) nas fincas que se atopen a unha distancia inferior a 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámping, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais e, nos 50 metros dende o límite da propiedade, non poderá haber nin piñeiros, ecucaliptos

VERÁN SAUDABLE 2012: TAI-CHI

Hoxe comeza unha das actividades deportivas previstas para este verán. Cunha elevada participación, 20 persoas inscritas, as sesións de TAI-CHI serán impartidas de forma gratuita dende o 17 de xullo ao 16 de agosto, martes e xoves de 11:30 a 13:00 hrs. no pavillón do CPI ATIOS (Valdoviño).  

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS