Taller municipal de avellentamento activo: Estimulación cognitiva

O Concello programa un obradoiro de estimulación cognitiva dirixido a todas as persoas empadroadas en Valdoviño que teñan de 60 anos en adiante. Esta actividade impartirase na Biblioteca Municipal, os martes de 17:00 a 18:15 horas, e nun local en Meirás, os xoves de 09:30 a 10:45 horas, ata o mes de maio de 2016.
 
O taller traballará a memoria, fixación e atención, contando con material bibliográfico e lúdico específico.
 

O Concello incorpora novos viais

O Concello de Valdoviño será propietario dun tramo da estrada AC-116 (Catabois-Valdoviño), arredor da glorieta de Robles, e de elementos auxiliares da vía Narón-Campo do Hospital (AC-566), entre os que se inclúen zonas de estacionamento, paradas de autobuses e beirarrúas.
 

Colaboración cultural entre concellos

Representantes políticos e técnicos de Cultura dos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, San Sadurniño, Cerdido e Moeche reuníronse este venres en Cedeira para valorar a posibilidade de levar a cabo proxectos conxuntos e diversas colaboracións nesa área.
 
Logo dunha primeira toma de contacto positiva, estes concellos da comarca continuarán a traballar na concreción de propostas comúns que permitan dar mellores servizos aforrando custos.

Bando: Consulta do censo electoral

A alcaldesa accidental de Valdoviño, Rosa Ana García, vén de publicar un bando (Bandos) no que informa da posta a disposición pública do censo electoral do Concello. O prazo de consulta vai do 2 ao 9 de novembro (inclusive), nas oficinas municipais, Negociado de Estatística.
 
Para máis información hai un teléfono de chamada gratuíta: 901 101 900.

Liga galega de tiro con arco

Cartel da competición

A liga galega de tiro con arco 2015 dispútase en Valdoviño. O pavillón municipal do Longoiro abre este sábado 31 de outubro as competicións, con entrada de balde.
 
As probas en modalidade de arco recurvo comezarán as 17:00 horas e continuarán os días 14 de novembre e 12 de decembro (a gran final).

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS