Reunión informativa concentración parcelaria Val-Meirás-Lago

Todos os interesados na concentración parcelaria Val-Meirás-Lago II están convocados a unha reunión informativa sobre a toma de posesión provisional das fincas de reemprazo resultantes do acordo de concentración parcelaria.
 
Haberá dúas sesións, o xoves 28 de abril: ás 12:00 horas no local social do Val e ás 16:00 horas na local da AA.VV. de Lago.

Migallas Teatro presenta "Camiño de historias"

A compañía Migallas Teatro porá en escea o domingo 24 a obra "Camiño de historias", dirixida a público familiar. A representación terá lugar no Auditorio de Valdoviño ás seis da tarde, con entrada de balde.
 

III Xornada Galega de TCAE-TAPSD

3ª Xornada de Técnico/as en Coidados Auxiliares de Enfermaría e Técnicos/as en Atención a Persoas en Situación de dependencia
Obxectivo xeral: A atención sanitaria como concepto holístico, centrada na persoa e no seu contorno.
Obxectivos específicos:

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Obxecto:
Procura a integración social de rapaces/as con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.

Persoas destinatarias:
As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

Requisitos:

Campamentos de verán 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2016 (Campamentos), abrindo o prazo para a súa solicitude, que se poderá realizar ata o 23 de abril.
 
As idades para poderen participar están entre os 9 e 17 anos.
 
Máis información no DOG do 8 de abril.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS