Información e recollida de suxestións para o PXOM

Compoñentes do equipo de Goberno estarán este sábado 19, a partir das 10:30, na Casa da Cultura para recoller suxestións dos veciños sobre o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), así como para realizar as aclaracións necesarias sobre a documentación de traballo do Plan.
 

Actividade cultural da semana

Venres 18 de marzo (19:00h), no Auditorio. Lectura-presentación do libro infantil “O Reloxo”. Escrito por Juana Vera Meizoso, editado por Embora e ilustrado por Eneko Las Heras. Este libro foi finalista do Premio Europeo de Literatura Infantil e Xuvenil Ilustrada “Apel-Les Mestres” na súa versión en cor. Entrada aberta a todo o público.
 

Proxecto: IGUAIS, Eu quero ser...

IGUAIS, Eu quero ser...é un proxecto que parte dunha ANPA de Ferrol e no seu camiño vanse sumando diferentes persoas e institucións. A idea orixinal ten por obxectivo montar unha exposición dinámica no que se asocian persoas a profesións, poñendo de manifesto as atribucións estereotipadas  en función do xénero.
A exposición presentouse o día 8 de marzo e estará no Carballo Calero ata o vindeiro 23 de marzo.

Cambios provisionais no alumeado

Dado o estado no que se atopan as farolas da Travesía de Valdoviño, dende o Concello infórmase de que por motivos de seguridade procederase á retirada dos focos existentes e á instalación dun alumeado provisional.
 
Perdoen as molestias.
 
Concello de Valdoviño, traballando pola súa seguridade, traballando por vostede.

8 de Marzo: Día Internacional da Muller

Conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
 
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreras textís tomou a decisión de sair á rúa de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS