Apertura do parque de Lago

O Concello vén de proceder á apertura do parque de Lago, tras o remate da primeira fase de acondicionamento, limpeza e poda da vexetación do mesmo.

Tramitacións para os afectados na parcelaria

O Concello informa que os veciños afectados por diferencias na parcelaria de montes de Lago e Meirás poderán facer os trámites na Oficina técnica do Concello.

Éxito de participación nas actividades iniciais do Programa de Envellecemento Activo 2016

Este mes de Maio xa deu comezo a actividade de Musicoterapia contemplada no Programa "Envellecemento Cero", subvencionado  pola Deputación da Coruña. Estase levando a cabo nas parroquias de Pantín e Vilaboa (Sedes) cunha afluencia de participación moi elevada (grupos de 15-20 persoas).

Continuidade das accións formativas do proxecto Rede Xiana2

Este mes dan comezo novas accións formativas enmarcadas dentro do proxecto Rede Xiana2 da Deputación da Coruña:

Concurso de relato curto e debuxo

O Concello de Valdoviño convoca un concurso de relato curto e debuxo, dirixido a rapaces empadroados en Valdoviño e a alumnos do CPI Atios ou do CRA O Esquío, aínda que non estean empadroados no Concello.
 
O certame inclúese dentro dos actos organizados con motivo da celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano a Manuel María, e convócase para os cursos de 5º e 6º de Infantil na modalidade de debuxo e para 1º , 2º  e 3º ciclo de Primaria na modalidade de relato curto

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS