Valdoviño mantén as cinco bandeiras azuis

Valdoviño manterá un ano máis a Bandeira Azul en cinco das praias municipais, logo de que ADEAC anunciase este xoves 5 de maio a listaxe de areais e portos galardoados coa Bandeira Azul en 2016.
 
Un recoñecemento, entroutros aspectos, á calidade das augas, aos servizos de salvamento ou á accesibilidade e comunicación das praias do concello.
 

Taller de danzas do mundo

O Concello de Valdoviño organiza un taller de danzas do mundo, dirixido a persoas de 18 anos en adiante.
 
Este obradoiro impartirase durante todo o ano, un día á semana, con horario de mañá durante o verán e de tarde durante o resto do ano. Terá lugar na Casa da Cultura e será de xeito gratuíto, con prazas limitadas.
 
Os interesados en preinscribirse, poden facelo chamando ao número 981 487 666 (Casa da Cultura).

Inicio de actividades do Programa Envellecemento Activo 2016

A semana vindeira darán comezo as actividades programadas dentro do Programa "Envellecemento Cero".
 
O luns día 2 terá lugar na Escola Unitaria de Vilaboa a primeira sesión do obradoiro de Musicoterapia ás 16:30 horas. Parroquias de Loira e Vilaboa
 
O mércores día 4 terá lugar no local da AA.VV de Pantín a primeira sesión do obradoiro de Musicoterapia ás 16:30 horas. Parroquias de Pantín e Vilarrube.
 

Convocatoria dunha praza de técnico deportivo

O Concello de Valdoviño abre o proceso de selección dunha praza de técnico deportivo, baixo o réxime laboral temporal.
 
No apartado de Convocatorias da web (Contratación de técnico deportivo) atópanse toda a información e as bases correspondentes á convocatoria, realizada dentro do programa de apoio ó deporte regulado pola Convocatoria da Deputación da Coruña (B.O.P. no 221, de 18 de novembro de 2015).
 

Pechado o aparcamento na Porta do Sol

As prazas de aparcamento situadas ao longo da Porta do Sol permanecerán pechadas dende este mércores (07:00 horas), para proceder ao seu pintado. Os traballos de sinalización horizontal da vía continuarán ao longo da travesía da Porta do Sol durante un prazo aproximado dunha semana.
 
Loxicamente a entrada en vigor da normativa que regulará esas prazas de aparcamento será posterior ao finalizado do pintado.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS