1ª Carreira Volta Ás Forcadas

O pasado sábado celebrouse a primeira edición da Volta Ás Forcadas, proba incluída no circuíto Corre polo Norte. Diego Ruíz e María Isabel Felgar foron os primeiros en completar o percorrido de 7.800 metros.
 
A carreira tivo unha gran participación, tal e como se pode ver nesta galería de imaxes: 1ª Carreira Volta Ás Forcadas.

Actividades deportivas no verán

Ociosos 2016
Actividades na piscina

O Ociosol 2016 e as actividades na piscina municipal copan a programación deportiva do verán.
 
O Ociosol ofrece este ano cinco actividades diferentes: campionato de fútbol sala, escola de tenis, campionato de baloncesto, fitness-praia e carreira atlética na area. 
 
A piscina de Lago ofrece, ademais da opción de baño libre, cursos de iniciación, intermedios e de perfeccionamiento, para os que haberá que inscribirse entre o 27 e o 30 de xuño.
 
Para máis información e inscricións pode contactarse coa Concellería de Deportes no teléfono 626465531.

Entrega dos premios "Adopta un animal de conto"

Mañá martes celebrarase a entrega de premios do concurso "Adopta un animal de conto", no que Claudia Sande Bahamonde, veciña de Valdoviño de sete anos, resultou ganadora na categoría de primeiros lectores, co traballo “O meu gato é un poeta”.
 
O acto terá lugar na Biblioteca Pública Municipal “Os Templarios” de Cambre, ás 18:30 horas.
 

Aspirantes propostos para a limpeza de praias

As persoas aspirantes propostas para ser contratadas na Contratación de 12 postos para a limpeza de praias deberán presentar dentro do prazo de dous días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación de anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello, a documentación esixida para participar no proceso, que consta no punto 9º das Bases (Presentación de documentos), para poder efectuarselles o nomeamento. 

1ª Volta Ás Forcadas

Ás cinco da tarde deste sábado celébrase a 1ª Carreira Volta Ás Forcadas, proba incluída dentro do"I Circuito Corre polo Norte".
 
O percorrido da proba ten unha distancia de 7,8 kilómetros (agás nas categorías de base) e está dispoñible na web do Circuito.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS