O rap da circulación, concienciación vial

O Concello quere agradecer a colaboración do CPI Atios, a través das profesoras de primeiro de Primaria, na labor de concienciación da necesidade de mellorar a seguridade vial no acceso ao centro. A resposta das profesoras á solicitude do Grupo de Goberno enn facer algunha campaña de concienciación aos pais e nais foi inmediata e positiva, sendo plasmada pola comunidade educativa de primeiro en forma dun rap, que viu a luz nestes días a través de Atios TV.
 

Fin de semana musical

Sondo Quintet
Cartel da Mostra

Valdoviño continúa coas actividades culturais cunha dobre sesión musical este fin de semana: a XXIX Mostra da canción coral e a actuación do "Sondo" Quintet.
 
Os alumnos do máster do conservatorio de Utrecht e La Haya actuarán no adro da Igrexa de Vilarrube o venres ás sete e media da tarde, co seu espectáculo "Sondo" Quintet.
 

Contratación de dous socorristas

Mediante decreto de Alcaldía nº 259/2016, de 22 de xuño, aprobouse a convocatoria e as bases para contratación laboral temporal de 2 socorristas ao abeiro de subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria: Subvencións para contratación de traballadores desempregados en colaboración coas Entidades Locais.
 
Cursada polo Concello oferta de Emprego Público ante o Servizo Galego de Colocación; quen remite os candidatos.
 
Bases expostas no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.

Inicio curso "Alfabetización para persoas adultas"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios e co financiamento da Deputación da Coruña, vai poñer en marcha a partir do 5 de Xullo un curso de alfabetización para persoas adultas (adquisición e/ou aumento de coñecementos en áreas de lectura, escritura, matemáticas, lingua e cultural xeral...).
 
O curso é gratuito e poderá inscribirse calquera persoa interesada no mesmo, preferentemente en situación de desemprego. Levarase a cabo os martes e xoves en horario de mañá, dende Xullo ata Novembro.
 

Subvencións para material escolar no curso 2016/17

O BOP vén de publicar a convocatoria por parte do Concello de Valdoviño de subvencións destinadas a gastos de material escolar por parte de familias con dificultades económicas para o curso 2016/17.
 
Os gastos subvencionables serán aqueles correspondentes ao material escolar necesario pola escolarización nos niveis de infantil, primaria e secundaria. Toda a información desta convocatoria está dispoñible no seguinte enlace: Subvencións para material escolar 2016/17.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS