Cinema: "Maimiño"

Este domingo 31 proxectarase en Valdoviño o filme de animación Maimiño, recomendable para público en familia e con entrada de balde. Será ás 18:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Trátase dunha película de animación galego-cubano, nominada na 30ª edición dos premios Goya como mellor filme de animación.

Xuntanza coas entidades do concello

O alcalde convida a todas as entidades do concello a unha xuntanza sobre o programa Leader e o novo Grupo de desenvolvemento rural, a celebrar o 26 de xaneiro (20:30horas) no Salon de Plenos.
 
Todos os datos poden verse no apartado de Bandos desta web.

Bases do Festival de comparsas do Entroido

Nos arquivos adxuntos está dispoñible a documentación que rexe o Festival de comparsas do Entroido, a celebrar o 13 de febreiro, as 17:30 horas.

O Concello apoia a presentación do Pantín Classic 2016

O Concello na presentación do Pantín Classic
O Concello na presentación do Pantín Classic

O alcalde e as concelleiras responsables da área de Turismo desprazaronse a Madrid para participar na presentación da 29ª edición do Pantín Classic, que tivo lugar na Feira Internacional de Turismo (FITUR).
 

O domingo, teatro: "Selfie"

Dentro da programación cultural deste mes de xaneiro, este domingo 24 (19:00h) haberá teatro no Auditorio Municipal de Valdoviño.
 
A compañía Oquetiqueiras representa "Selfie", unha obra con entrada de balde e recomendada a partir de 7 anos. Interpretada por Belén González, Gonso Fernández e Ana Alonso, baixo a dirección de Luís Ramos.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS