Este domingo maxia: "Lafayette Show"

A maxia chegará ás sete da tarde deste domingo ao parque da praia da Frouxeira. Trátase dun espectáculo para público familiar a cargo de Cayetano Lledó.
 
Maxia teatralizada, con comedia e humor, apta para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestuario, números de mentalismo, hipnosis, pantomima, danza...

Torneo de fútbol sala Ociosol

Ata este venres está aberto o prazo de inscrición no torneo de fútbol sala do Ociosol 2016. Os equipos interesados poden obter máis información ou facer a súa inscrición chamando ao teléfono do departamento de Deportes do Concello, número 626 465 531,

Actvidades náuticas nas Forcadas

Curso de vela lixeira
Equipo de piragüismo

O Concello organiza un curso de vela lixeira e un equipo de piragüismo, actividades que se celebrarán no encoro das Forcadas.
 
O curso de vela celebrarase entre o 18 e o 22 de xullo (de 10 a 14 horas) e o piragüismo os luns e xoves de verán, a partir do 18 de xullo (de 20 a 21 horas).
 
Os interesados en participar deben saber nadar e ter máis de 11 anos.
 

Black Acoustic na capela do Porto

A capela do Porto de Meirás acolle este domingo a apertura do programa "Escenarios paralelos", coa actuación de Black Acoustic.

O concerto comezará as 19:30 horas e é gratuíto, pero co aforo limitado ás características da capela. Black Acoustic, dúo formado por Iria Mejuto na voz e Richi Rozas na guitarra, interpreta música soul, redescubrindo grandes clásicos como Aretha Franklin, Stevie Wonder, etc.

O programa está subvencionado pola Deputación Provincial.

Pasarela na praia de Pantín

Vista da nova pasarela

O Concello de Valdoviño vén de habilitar en Marnela unha pasarela de acceso á praia de Pantín.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS