Charlas informativas sobre o PXOM

O alcalde de Valdoviño vén de publicar un bando (dispoñible íntegro na sección correspondente aos Bandos) no que fai saber que co obxecto de informar sobre o estado actual da elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) desenvolveranse unha serie de charlas informativas por parte do equipo redactor do Plan.
 

Precaución ante a alerta costeira

Ante as condicións meteorolóxicas adversas previstas para hoxe domingo, o Concello de Valdoviño recomenda non achegarse ás zonas costeiras.

Cambios no programa do Entroido

Debido ás inclemencias climatolóxicas, suspéndese o pasarrúas do Entroido. O Festival de comparsas mantense ás 17:30 horas na Casa da Cultura, tal e como estaba previsto.
 
O acto, presentado por Paula Morado e Nacho Castaño, contará coa participación de sete comparsas chegadas de toda a comarca.

XVI Festival de comparsas

Como ben sendo habitual nestes anos, o concello de Valdoviño pecha os festivais dedicados ao Entroido na comarca ferrolá. Será este sábado 13 de febreiro, con saída do pasarrúas dende o edificio municipal, cun percorrido ata a Casa da Cultura, onde aproximadamente ás 17:30 horas comezará o XVI Festival de comparsas.
 
Este ano participarán sete comparsas:

Reunión coa directora xeral de Conservación da Natureza

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, a tenente de alcalde, Rosana García, e o concelleiro de Servizos, Alejandro García Sousa, desprazáronse este xoves a Santiago para manter unha reunión coa directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Ana Díaz.
 
Na reunión tratáronse diferentes temas vinculados coas instalacións, limpezas e outras actuacións en espazos protexidos, sobre todo nas praias do litoral valdoviñés.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS