Suspendida a actuación de Mr. Cool

A actuación de "Mr Cool: concerto humor", programada para este domingo 26, queda SUSPENDIDA, pasando a outra data aínda por concretar.
 
A concellería de Cultura descúlpase polas molestias que esta suspensión poida supoñer.

III Xuntanza Solidaria de Nadal- Campaña de recollida de xoguetes

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais e en colaboración este ano coa Asociación de Veciños de Vilarrube, prepara a súa III Xuntanza Solidaria de recollida de xoguetes.
Os xoguetes que se recollan serán distribuidos dende este Departamento entre as familias con maiores necesidades neste próximo Nadal.
A xuntanza celebrarase o día 2 de decembro (domingo) na Casa da Cultura de 16:30 a 18:30 hrs. á que están invitadas todas aquelas persoas/entidades do Concello e arredores que desexen colaborar.

Convocatoria para a contratación laboral-temporal dun/ha Traballador/a Social

O Concello de Valdoviño abre, o 22 de novembro, o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a cobertura con carácter laboral-temporal, dunha praza de Traballador/a Social, baixo a modalidade contractual de obra ou servizo.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o luns dia 26 de novembro.
 
Pódense consultar as bases no apartado correspondente da Convocatoria de praza de traballador/a social.

Aberto o prazo de contratación dun operario municipal

Coa publicación do anuncio na prensa abriuse este sábado 17 o concurso-oposición para a contratación temporal dunha praza de operario municipal, persoal de oficios.
 
As bases e a instancia para poder concurrir á praza atópanse na seguinte convocatoria: Contratación de persoal (operario municipal).

Envía as túas fotos para o calendario municipal

Como xa informamos nesta mesma web, o Concello de Valdoviño vai confeccionar un ano máis o calendario municipal. Para a edición de 2013 gustaríanos contar coa participación dos veciños.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS