Adxudicación da obra "Camiño Montefaro e outros"

A Xunta de goberno local do Concello de Valdoviño, en sesión ordinaria que celebrou no día 07 de maio de 2014, adoptou acordo de adxudicar a obra do Programa de Mellora de Camiños de titularidade municipal 2013-2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar denominada: “CAMIÑO MONTEFARO-1ª ESQUERDA AO PASAR COPAGRO (MEIRÁS) E OUTROS”.
 
Toda a información sobre esta adxudicación está dispoñible no perfil de contratante da web: Contratación obra Camiño Montefaro (Meirás) e outros.

Pleno Municipal extraordinario

O Salón de Plenos da Casa do Concello acolle este mércores 14, ás 09:30 horas, a celebración da sesión extraordinaria urxente do Pleno Municipal que tratará a aprobación da participación do Concello no Plan DTC 93 da Deputación da Coruña.

 

Programación cultural de maio

Cartel da programación

Exposicións, obradoiros e teatro destacan nun mes que recupera a Feira Medieval e celebra as Letras Galegas.

"Ourense, Provincia Termal"

Programas:

Programa  de estancias balnearias 6 días/5 noites (persoas maiores de 50 anos)

Programa de tratamentos termais (persoas maiores de 50 anos)

Programa de Cultura Termal. Fin de semana (persoas maiores de 18 anos)
Balnearios: Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias -Caldaria, Lobios-Caldaria.
 
Para máis información e consultas de modalidades e prezos: Dpto. Servizos Sociais Comunitarios do Concello.
Prazo: todo o ano, a partir do 25 de Abril
 

Valdoviño inaugura a Sede Electrónica do Concello

A web do Concello de Valdoviño amplía os seus servizos, coa posta en marcha da Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. Este novo espazo está dispoñible na ligazón sede.concellodevaldovino.com.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS