Izado de Bandeiras Azuis

Na mañá deste venres 1 de xullo comezou a funcionar o servizo de socorrismo nas praias de Valdoviño. Asímesmo procedeuse ao izado das Bandeiras Azuis nos areais do Río, A Frouxeira, Pantín, O Baleo e Vilarrube.
 
O servizo de salvamento estará operativo ata o 31 de agosto.

Aprobados os investimentos do PAS e na mellora de camiños

O Pleno da Deputación da Coruña celebrado este mércores aprobou a cuarta fase do Plan de Acción Social (PAS), no que se inclúe a conservación do parque infantil e das instalacións da praia da Frouxeira.
 
Asímesmo aprobouse o investimento de 83.957,49 euros para obras de mellora, apertura de gavias e pavimentación en lugares como o acceso a Chamorro, o camiño da Pena a Mosende, o de Barcelar a Torrentes ou o de Romeus, entre outros.

Laboratorios tecnolóxicos

Dentro da programación de verán, o Concello de Valdoviño organiza diversos laboratorios tecnolóxicos:

Selección de dous socorristas

O tribunal cualificador da Contratación de dous socorristas vén de informar dos aspirantes propostos logo do proceso selectivo.
 

Concilia Verán (Actividades para a infancia) 2016

Este venres día 1 dan comezo os obradoiros de conciliación dirixidos a familias con menores entre 3 e 12 anos, preferentemente con cargas laborais, financiados pola Deputación da Coruña.
 
Os obradoiros terán lugar de 9:00 a 14:00 horas e serán ubicados nas instalacións do PAI e do CPI Atios en función da necesidade das actividades.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS