Contratación de 12 postos para a limpeza de praias

O Concello de Valdoviño vén de convocar a contratación laboral temporal de 12 traballadores/as de limpeza de praias, mediante o procedemento de oposición.
 
O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada (2 meses e medio), a tempo parcial de 20 horas semanais (media xornada), en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, de luns a domingo.
 
Toda a información sobre esta contratación está dispoñible no documento adxunto á dereita da páxina: anuncio e bases.

Valdoviño recolle as Bandeiras Azuis 2016

Entrega das bandeiras

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, desprazouse este mércores a Oleiros para recoller as cinco Bandeiras Azuis que recoñecen a calidade das praias de Vilarrube, Baleo, O Rodo, A Frouxeira e O Río.
 
Dende o Concello resáltase a importancia destes galardóns como recoñecemento do traballo para conquerir que as nosas praias conten coas mellores condicións para a veciñanza e os visitantes, e sirvan como motor económico de Valdoviño, dende o respeto ao medio ambiente e a sustentabilidade.
 

Comezo curso Atención Sociosanitaria de persoas dependentes en Institucións Sociais

Onte ás 15:30 horas deu comezo o curso de Atención Sociosanitaria de persoas dependentes en Institucións Sociais organizado dende o Concello de Valdoviño e financiado pola Deputación da Coruña. A actividade formativa terá lugar nos próximos meses na Escola de Avispeira de Cerdido (aula cedida por este Concello para a impartición teórica). Case 20 mulleres terán, de maneira gratuita, a posibilidade de ser formadas neste ámbito tan demandado nos últimos anos.

Día nacional do celíaco

Día nacional do celíaco

O Concello de Valdoviño amosa nesta xornada o seu apoio a todas as persoas celíacas e, a petición da Asociación Galega de Celíacos, colocou unha bandeira conmemorativa na Casa do Concello.

Valdomusical 2016

Este domingo terá lugar o festival Valdomusical 2016, no que actuarán os alumnos da Escola Municipal de Música de Valdoviño. A cita celébrase no Auditorio Municipal, a partir das 18:00 horas.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS