Alberto Ameneiros en Idomeni: da contemplación á acción

O Diario de Ferrol publica este luns unha entrevista co valdoviñés e concelleiro do BNG, Alberto Ameneiros, á súa volta do campamento de refuxiados de Idomeni, ao que acudiu como voluntario independente.
 

O Pantín Classic declarado festa de interese turístico de Galicia

O DOG deste xoves publica a seguinte resolución:

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2016, polo que se declara festa de interese turístico de Galicia o Pantín Classic Galicia Pro (A Coruña).
 

Torneo de fútbol 8 do Meirás CF

Este sábado 4 de xuño celebrarase un torneo de fútbol 8 no campo Misael Prieto de Meirás, con equipos das categorías benxamín, infantil, cadete e xuvenil.
 
Os horarios do torneo están dispoñibles nesta ligazón. A duración dos partidos será dunha soa parte, de 25 minutos. As normas poden consultarse no documento adxunto neste enlace.
 

Contratación de 12 postos para a limpeza de praias

O Concello de Valdoviño vén de convocar a contratación laboral temporal de 12 traballadores/as de limpeza de praias, mediante o procedemento de oposición.
 
O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada (2 meses e medio), a tempo parcial de 20 horas semanais (media xornada), en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, de luns a domingo.
 
Toda a información sobre esta contratación está dispoñible no documento adxunto á dereita da páxina: anuncio e bases.

Valdoviño recolle as Bandeiras Azuis 2016

Entrega das bandeiras

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, desprazouse este mércores a Oleiros para recoller as cinco Bandeiras Azuis que recoñecen a calidade das praias de Vilarrube, Baleo, O Rodo, A Frouxeira e O Río.
 
Dende o Concello resáltase a importancia destes galardóns como recoñecemento do traballo para conquerir que as nosas praias conten coas mellores condicións para a veciñanza e os visitantes, e sirvan como motor económico de Valdoviño, dende o respeto ao medio ambiente e a sustentabilidade.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS