Xoves de arte e cinema

Este xoves 21 de xullo proxéctase "Acero puro" na praza da Casa da Cultura, unha película de acción apta para todos os públicos e incluída no Iº Programa de cine da Deputación Provincial. Ás 22:30 horas.
 
Un pouco antes, ás 20:30, terá lugar a inauguración da exposición de Manuel Carballeira. A mostra, situada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, poderá visitarse ata o 14 de agosto, en horario de mañá de luns a venres laborais (10:00-13:00h) avisando na Biblioteca e tamén antes e despois das actividades que teñan lugar no Auditorio ou na praza da Casa da Cultura.

Bautismos de surf

Pantín Surf Camp
Valdo Surf School
Alawa Surf Camp

O Concello de Valdoviño organiza no verán bautismos de surf gratuítos, a través das escolas instaladas no municipio. Os interesados en participar ou obter máis información deben chamar ao teléfono da concellería de Deportes, número 626 465 531.
 
O calendario de bautismos é o seguinte:

Valdoviño, Municipio solidario co Alzheimer

Valdoviño é oficialmente Municipio solidario co Alzheimer. Así llo trasladou o alcalde, Alberto González, a AFAL Ferrolterra (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias). A corporación aprobaba por unanimidade a declaración o pasado venres, consciente de que o alzhéimer é o tipo de demencia máis prevalente e que, na actualidade, afecta en España a 3,5 millóns de persoas, entre as que o sufren e os seus familiares coidadores.
 

Este domingo maxia: "Lafayette Show"

Circus Cabaret

A maxia chegará ás sete da tarde deste domingo ao parque da praia da Frouxeira. Trátase dun espectáculo para público familiar a cargo de Cayetano Lledó.
 
Maxia teatralizada, con comedia e humor, apta para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestuario, números de mentalismo, hipnosis, pantomima, danza...

Torneo de fútbol sala Ociosol

Ata este venres está aberto o prazo de inscrición no torneo de fútbol sala do Ociosol 2016. Os equipos interesados poden obter máis información ou facer a súa inscrición chamando ao teléfono do departamento de Deportes do Concello, número 626 465 531,

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS