As praias de Meirás, aptas para o baño

A Xunta de Galicia comunica a finalización do estado de contaminación das praias de Meirás, polo que volven ser aptas para o baño.
 
O Concello continúa coa investigación para determinar a orixe da vertedura e agradece a comprensión e colaboración dos veciños durante estes días.
 
O pasado venres 3 o Concello prohibira o baño nas praias de Meirás, na zona que vai dende O Río ata Os Botes, tras un comunicado da Xunta de Galicia que indicaba a presenza de axentes contaminantes nas augas.

Contratación dunha técnico deportivo municipal

O Concello de Valdoviño vén de cubrir o posto de técnico-deportivo coa contratación de Inés Ferreira Villar, logo de que acadase a maior puntuación (17,95 puntos) na convocatoria realizada e da que se pode obter toda a información neste enlace: Contratación de técnico deportivo.

Alberto Ameneiros en Idomeni: da contemplación á acción

O Diario de Ferrol publica este luns unha entrevista co valdoviñés e concelleiro do BNG, Alberto Ameneiros, á súa volta do campamento de refuxiados de Idomeni, ao que acudiu como voluntario independente.
 

O Pantín Classic declarado festa de interese turístico de Galicia

O DOG deste xoves publica a seguinte resolución:

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2016, polo que se declara festa de interese turístico de Galicia o Pantín Classic Galicia Pro (A Coruña).
 

Torneo de fútbol 8 do Meirás CF

Este sábado 4 de xuño celebrarase un torneo de fútbol 8 no campo Misael Prieto de Meirás, con equipos das categorías benxamín, infantil, cadete e xuvenil.
 
Os horarios do torneo están dispoñibles nesta ligazón. A duración dos partidos será dunha soa parte, de 25 minutos. As normas poden consultarse no documento adxunto neste enlace.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS