A final do Torneo de Fútbol Sala Concello de Valdoviño dispútase este venres

A final do Torneo de Fútbol Sala Concello de Valdoviño disputarase mañá venres. Será a partires das 20,15 horas na pista deportiva da Frouxeira e a entrada é libre e gratuíta. Unha hora antes, celebrarase o partido no que se dirimirá o terceiro e cuarto clasificados.
 
A entrega de trofeos, que está prevista para as 21,30 horas, estará presidida polo alcalde de Valdoviño, Alberto González. O torneo está organizado pola Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra no marco da programación estival Ociosol.

“Concilia Verán” despídese cun faladoiro de familias, veciños e nenos en torno á lagoa da Frouxeira

Clausura Concilia Verán

Construíron carrilanas con refugallos, pescaron anguías con cana de bimbio, percorreron a praia da Frouxeira cos socorristas e izaron a bandeira azul, recolleron pegadas de animais… estas foron algunhas das actividades que, durante os meses de xullo e agosto, realizaron a vintena de nenos e nenas de 3 a 12 anos que participaron no programa municipal “Concilia Verán”. Tiveron o seu campamento base no edificio municipal ubicado no entorno da Frouxeira, e onte estas instalacións albergaban un particular faladoiro no que participaron familias, veciños e veciñas e o alcalde, Alberto González.

A asociación de veciños de Pantín daralle o nome do cantautor Andrés Suárez á súa nova zona recreativa

Zona recreativa Pantín

O artista, natural da parroquia de Valdoviño, acudirá este venres ás 13,30 horas ó acto, no que se descubrirá unha placa conmemorativa. Está invitada toda a veciñanza
 

O servizo de socorrismo finaliza hoxe nas praias de Valdoviño e o domingo no areal de Pantín

O Concello de Valdoviño informou esta mañá que, tal e como está previsto no contrato, o servizo de socorrismo concluirá a súa actividade no día de hoxe, 31 de agosto. Sen embargo, e dada a celebración do campionato mundial de surf Pantín Classic, manterase no areal do Rodo ata o vindeiro domingo, 4 de setembro.

Horario especial de autobuses no Pantín Classic

Con motivo da celebración do Campionato do Mundo de Surf, Pantín Classic, os días 3 e 4 de setembro haberá un servizo especial de autobuses entre Ferrol e a praia de Pantín, con saída da Praza de Galicia ás 12:30 do mediodía e regreso ás 20:00 horas e realizando as seguintes paradas: Correos, Avenida de Esteiro, Avenida de Vigo, Canido, Porta de Neira, Bar Nieves, Cooperativa do Val, Farmacia de Meirás, Rotonda de Robles e Porta do Sol.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS