Valdoviño acolle esta fin de semana a 20ª Baixada de Carrilanas a San Mamede

Pilotos procedentes de toda España daranse cita esta fin de semana en Valdoviño para participar nunha nova edición da Baixada de Carrilanas a San Mamede. A competición, consolidada no calendario deportivo estatal, chega este ano á súa 20ª edición, baixo a organización da Asociación Baixada de Carrilanas a San Mamede. Celebrarase o sábado 13 e o domingo 14 de agosto. A Baixada, Gran Premio Concello de Valdoviño, é puntuable para a Copa de España da Federación de Deportes de Inercia e para o Campionato de España sub 18.
 

O Concello ofrece clases de fitness no parque biosaudable da Frouxeira

A programación de ocio e deportiva do Concello de Valdoviño continúa ofrecendo un sinfín de propostas. Así, a Concellería de Deportes organiza durante todo o mes de agosto clases gratuítas de fitness e zumba. Teñen como escenario principal o parque biosaudable da Frouxeira e celébranse luns, mércores e venres, en horario de mañá –de 10,15 a 11,15 horas-. Non é necesaria inscrición previa, basta con presentarse nas datas e horas sinaladas. Están pensadas para persoas adultas.
 

Primeira semana do torneo de fútbol sala

O torneo dispútase na pista do camping

Talleres Trigo, P Sixto e Santa Marina encabezan a clasificación do Torneo de Fútbol Sala Concello de Valdoviño tras a súa primeira semana de competición. Están igualados a catro puntos, cun partido gañado e outro empatado cada un. Síguelles na clasificación o Steagua, Friday Night 1 e Friday Night 2, Setelux e Camping, cun partido gañado e tres puntos. E, pechando a competición, o Lago FS, cun punto tralo seu empate contra o Santa Marina.
 

O Concello programa unha sesión de cine ó aire libre no anfiteatro da Casa da Cultura

A programación cultural do Concello de Valdoviño propón para este xoves, 11 de agosto, unha noite de cine ó aire libre.O anfiteatro da Casa da Cultura convertirase nunha improvisada sala na que o público poderá, a partires das 22 horas, disfrutar do pase do filme “Dios mío, ¿pero qué te hemos hecho?”. Aínda que se prevé unha noite sen choiva, con temperaturas agradables, se o tempo non acompañase a iniciativa trasladaríase ó auditorio do inmoble.
 

Consulta do censo electoral

O alcalde-presidente do Concello de Valdoviño vén de publicar un Bando Municipal no que fai saber:

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS