A XXVI edición do Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño disputarase o día 20

Este sábado dispútase o XXVI Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño. Nesta edición, o trofeo celebrarase no campo de fútbol Misael Prieto, en Meirás. Nel tomarán parte o CD Rosalía de Vilaboa, o Lago Veteranos, a SD Valdoviño e o Meirás CF.
 

As unidades móbiles de donación de sangue desprazaránse a Valdoviño e Meirás esta semana

O Concello informa á veciñanza de que as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia desprazaranse ó municipio esta semana. Concretamente, o xoves estarán diante da casa consistorial en horario de mañá –de 10 a 14,30 horas- e de tarde –de 16 a 21 horas-, e o venres trasladaranse a Meirás, fronte á cooperativa, de 16 a 21 horas.
 

Un total de 21 rapaces tomaron parte no Curso de Tiro con Arco organizado polo Concello

Curso de tiro con arco
Curso de tiro con arco

Un total de 21 rapaces e rapazas completaron con éxito o Curso Intensivo de Tiro con Arco organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Valdoviño. Unha iniciativa que se prolongou por espazo de cinco días no campo de fútbol de Mourente. Dirixido e impartido por Anxo Grandal García, monitor nacional de tiro con arco, nel tamén tomou parte a arqueira olímpica Iria Grandal García. Así mesmo, o Concello contou coa colaboración do clube local A Frouxeira e máis da Federación Galega.
 

Actividades no Concilia Verán 2016

Durante o pasado mes de Xullo e durante este mes de Agosto, nos obradoiros de conciliación, financiados pola Deputación da Coruña, estanse a desenvolver un numeroso abano de actividades que permitan a estimulación dos nenos e nenas participantes, así como o coñecemento directo e posta en valor do seu entorno máis próximo.
As últimas destacadas son as seguintes:

Licitación do reforzo e pavimentación dos camiños de Lodeiro, Lousada e Curuxeiras

O BOP deste venres vén de publicar o anuncio da obra de Reforzo e pavimentación dos camiños de Lodeiro, Lousada e Curuxeiras, incluída no Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016.
 
Toda a información sobre esta licitación está dispoñible no Perfil de contratante: Reforzo e pavimentación dos camiños de Lodeiro, Lousada e Curuxeiras.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS