Programación cultural do outono

O Concello de Valdoviño presenta a súa programación cultural para o comezo do outono, cargada de exposicións, deporte, contacontos e moitas actividades máis.
 
No documento adxunto está dispoñible a axenda de eventos.

Gañadores do Concurso de tortilla de patacas

No Concurso de tortilla de patacas celebrado na 1ª Feira da pataca de Valdoviño presentáronse 37 tortillas. Os gañadores foron os seguintes:
 
 
A) Tortilla máis sabrosa, elaborada só con ovo e patacas:
1º Bar Os Dous de Sempre.
2º Bar La Pizarra.
3º Bar O Cabezal.
 
B) Tortilla máis sabrosa, elaborada con ovo, patacas e algún outro ingrediente:
1º Rosario Guerra e Ángeles Fernández.
2º Jimy Rodríguez.
3º Bar La Pizarra.
 
C) Tortilla con mellor presentación:

Tai chi chuan-defensa persoal para mulleres

Obradoiro de taichi

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, en colaboración coa Escola Galega de Tai Chi Chuan, levará a cabo un Obradoiro de Taichi- Defensa Persoal para mulleres o día 21 de setembro de 2013 (sábado) de 11: 00 a 13:00 horas.
Lugar: Colexio Atios
Inscricións: Departamento de Servizos Sociais, no teléfono 981487041 ext. 5 ata o 19 de setembro de 2013.
Actividade gratuita

Axudas para a escolarización dos fillos no curso 2013/14

O Concello de Valdoviño abre o prazo para solicitar as axudas para a escolarización dos fillos no curso escolar 2013-2014.
 
Máis información sobre estas bolsas, que terán un importe máximo por menor de 200 euros, no apartado da web correspondente ás convocatorias: Axudas para a escolarización dos fillos 2013/14.

Eventos da Feira da Pataca e rifa das carrilanas

Como sabedes este sábado 14 de setembro celebramos a 1ª Festa da Pataca de Valdoviño, momento no que poñeremos en valor que fomos o primeiro lugar de Europa en donde se plantaron as patacas unha vez que foron traídas de América.
 
O longo do día haberá diversos eventos, feirón, actividades para nenos, concurso de tortilla de pataca, música a cargo da orquesta París de Oza, tirolina, xogos tradicionais, homenaxe a deportista de elite do noso concello, etc.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS