Milla urbana Concello de Valdoviño

O domingo 2 de setembro celebrarase a I Milla urbana Concello de Valdoviño, cun percorrido polo paseo da lagoa de Valdoviño.
 
A inscrición é gratuíta e debe realizarse antes das 21:00 horas do día 25 de agosto no enderezo de correo fgaferrol@gmail.com ou na web da Federación.

REMATA CON ÉXITO A PRIMEIRA ACTIVIDADE DE "VERÁN SAUDABLE: TAI-CHI"

O pasado día 16 deuse por finalizada a primeira actividade do Programa "Verán Saudable". 21 persoas asistiron con éxito ao curso estival de Tai-chi organizado polo Concello.
 
 

Aberto o prazo de inscricións para a Baixada de Carrilanas

XVI Baixada de Carrilanas

Entre o 10 e o 12 de agosto terá lugar unha nova edición da Baixada de Carrilanas a San Mamede, Gran Premio Concello de Valdoviño. Os interesados en participar na proba, da que xa se cumpren dezaseis edicións, poden inscribirse ata o vindeiro venres 3 de agosto na web da FEDEI.
 
Aquí deixámosvos un díptico (en formato pdf) co programa da proba e na web da Baixada de Carrilanas podedes atopar máis información.

O Coro da Rá en concerto

Ás oito do serán deste domingo Valdoviño acolle "No nos importa a fama", un concerto do Coro da Rá. Para aqueles que aínda non coñezan esta proposta tan recomendable, o propio grupo preséntase neste vídeo.
 
A actuación, programada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, celebrarase no paseo da praia da Frouxeira (ou no auditorio da Casa da Cultura se as condicións meteorolóxicas son adversas).

Valdoviño en Ruta

Co obxectivo de incentivar o coñecemento da riqueza de espazos naturais e co propósito de permitir aos veciños disfrutar do contacto coa natureza e fomentar a práctica do sendeirismo, o Concello de Valdoviño pon en marcha o programa "Coñece Valdoviño: en ruta", que comeza co percorrido de tres itinerarios o último domingo dos meses de xullo, agosto e setembro.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS